Co gran número de dispositivos que temos hoxe en día para escoller, en todas as gamas, a diferenciación é a chave. Sony, por exemplo, deu un paso adiante introducindo a resistencia á auga nos seus trebellos de gama alta, unha característica que foi reproducida por outros fabricantes.
Mais tamén ten que mudar a publicidade para facerse notar e chamar a atención. Se meses atrás falabamos do enorme letreiro de LG e o seu LG G3, hoxe temos que comentar a primeira tenda subacuática de Sony, a Xperia Aquatech. Trátase dun local situado en Dubai e que só abre tres días, polo que simplemente é unha acción de márketing.
En dito establecemento, logo dunhas rápidas leccións de submarinismo, as usuarias poderán probar as características do Xperia Z3 e do Xperia Z3 Compact, os últimos trebellos da compañía, dunha maneira orixinal e diferente.
Que vos parece a idea?
Como diría Roberto Vilar, a estes de Sony non lles para a cabeza.