O LG G Watch dispoñíbel a metade de prezo até o mércores

LG G Watch Gmail

O Black Friday, este ano secundado por moitos establecementos do país, aínda segue a ser noticia con novas ofertas moi interesantes no eido tecnolóxico.

Hai uns días soubemos que Google aplicaba suculentos descontos nos seus trebellos, aínda que só nos Estados Unidos. Porén, decidiron ampliar as ofertas a trebellos da Play Store española, como o LG G Watch, un dos primeiros smartwatches con Android Wear. Poderemos mercalo até o mércores (ou até agotar existencias) por 99 €, isto é, 100 € menos que o seu prezo habitual, polo que pode ser unha estupenda oportunidade para facernos cun reloxo intelixente ou apurar os agasallos deNadal.

Hai unhas cantas semanas puidemos probar este dispositivo, cuxas especificacións pasan por unha pantalla de 1,65 polgadas (280 x 280), procesador Qualcomm Snapdragon 400 a 1,2 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna.

Se queredes mercalo con esta oferta, non tedes máis que pasarvos pola Play Store.

 

Sobre o autor

Reply