Woxter segue ampliando a súa gama de tablets con conectividade 3G, desta vez co lanzamento da Woxter Zielo Tab 101, que incorpora ranura microSIM grazas á cal poderemos conectarnos á rede e mesmo falar por teléfono, xa que tamén ten soporte para ilo.
A súa pantalla é un panel HD de 8,7 polgadas cunha resolución de 1024 x 768 píxeles, fabricada con tecnoloxía One Glasss Solution (OGS) para conseguir mellor calidade de imaxe e luminosidade, ao tempo que se aforra enerxía. No seu interior atopamos un procesador ARM Cortex A7 Quadcore a 1,3 GHz, 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.
Na seguinte táboa podemos ver o resto de características.
| Especificacións ténicas | |
| Pantalla | Táctil HD de 9,7” con tecnoloxía OGS IPS |
| Resolución pantalla | 1.024 x 768 píxeles |
| Memoria interna | 1 GB DDR3 RAM + 16 GB Flash |
| Lector de tarjeta | Micro SD de alta velocidade (até 32 GB) |
| Batería | Litio 7.200 mAh |
| Procesador | ARM Cortex A7 1,3 Ghz Quadcore |
| Sistema operativo | Android 4.4.2 |
| Bluetooth | 4.0 |
| Cámara trasera | 2 MPx |
| Conexións | Micro SIM, Micro HDMI, USB OTG, auriculares |
| WiFi | 802.11 b/g/n |
| Dimensións | 238,7 x178,2 x 8,1 mm |
| Peso | 595 gr |
A Woxter Zielo TAB 101 vén con Android 4.4.2, na súa versión stock, e ten un PVP de 179 €.
Que vos parece?

