Google inaugura nova sección na Play Store para personalización de reloxos Android Wear

Hero_Blog_3840x2160

Unha das cousas chulas que teñen os reloxos Android Wear é que permiten un nível de personalización moi alto, até o punto de que podemos mudar a pantalla do noso reloxo sempre que queiramos, adaptándose ao noso estado de ánimo ou mesmo á roupa que vistamos.

Google quere darlle aínda máis importancia a este factor co que chama Android Wear dress code, ou código de vestimenta de Android Wear. Aí pois, a actualización da aplicación de xestión dos trebellos Android Wear abre a porta a unha nova sección na Play Store chamada Pantallas de reloxo.

Nela podemos atopar diferentes fondos e estilos, que se instalarán como calquera outra aplicación da tenda de Google. Hainos bonitos e feos, discretos e horteras… e tamén gratuítos e de pago.

Se queredes botarlle un ollo a esta nova sección, pasádevos pola Play Store.

Sobre o autor

Reply