Mininovas Android: a malla da semana

VLC por fin en versión estábel para o teu Android.

VLC Android

Esta semana lanzouse a primeira versión estábel deste recoñecido reproductor multimedia logo de 3 anos en versión beta. Tomáronse o seu tempo, é verdade, pero o resultado é inmellorábel pasando a ser unha moi boa opción a ter enconta dentro dos munerosos reproductores que podemos atopar na Play Store.

Asus ofrece 45 días de proba durante este Nadal.

asus promo 45 dias

Asus lanza unha promoción que está activa desde xa pola que podemos probar, entre outros, o MeMO Pad 8 ME581 C, ME 181C/CX, MeMO Pad 7 ME176C/CX, Transformer Pad TF103C durante un periodo de 45 días e no caso de non estar satisfeito coa compra, devolveránvos os cartos.

O único requisito para se nos pide é e rexistrar o producto na web de Asus, nos 7 días seguintes á compra. Tedes até o 11 de xaneiro para rexistrar os vosos productos Asus e así poder formar parte desta promoción.

Actualizáse o Google Translate aportando interesantes opcións.

google translate

Esta semana coñecemos as novidades que vai incluir a app do traductor de Google. Entre outras destacamos que agora teremos a posibilidade de traducir textos presentes en imaxes ou de conversas en vivo.

Se dúbida é unha actualización moi interesante para todas as que usades esta ferramenta de Google e un estímulo para descargala para outros.

LG patenta o seu “G Pen”.

lgg3 stylus

Samsung fai moito tempo xa que abriu o camiño do que debe ser un phablet co seu Galaxy Note ao que lle engadiron o seu Stylus, un pen que aporta moitas funcionalidades grazas á boa sintonía co software.

Seguindo este camiño, descubrimos esta semana que LG ven de patentar o seu propio pen e que segundo os rumores, sería un accesorio co que contararía o seguinte tope de gama de LG, o G4.

Sobre o autor

Reply