Hoxe queremos compartir con todos vós, o Dicionario de Sinónimos do Galego da Universidade de Vigo, co cal podemos consultar máis de 200.000 voces da nosa lingua que ademáis están agrupadas en máis de 40.000 acepcións pola súa semellanza de significado, o que é resulta moi axeitado para as nosas consultas.
É unha aplicación básica que se nos presenta do seguinte xeito:
Como vemos nas capturas, temos un recadro no que meter a palabra da que queremos coñecer algún sinónimo. A aplicación fai unha busca online e en poucos segundos temos o resultado. Non ten máis, pero non o precisa. É unha aplicación funcional que axuda ao enriquecemento do noso vocabulario.
Esta aplicación podémola atopar de balde na Play Store dende esta ligazón.
Istaleina e hai unha cousa que me chamou moito a atención:
Para que pode querer un diccionario de sinónimos saber as ID de chamadas?