Disney e LucasArts seguen sacando partido do gran éxito obtido pola saga A Guerra das Galaxias neste caso en forma de xogo de estratexia para os nosos dispositivos Android. Estamos a falar de Star Wars: Commander. Despois dos primieros minutos xogando deberemos escoller o bando no cal queremos loitar durante a nosa partida, xa sexa o Imperio ou á Alianza Rebelde.
Unha vez, escollido xa teremos que construír e defender a nosa base, así como formar o noso exército que despois levará a cabo grandes batallas por toda a galaxia. Tamén temos a opción de formar alianzas con amigos e xogadores de to o mundo, superar misións e moitas máis cousas que iremos descubrindo en función que vaiamos avanzando no xogo.
Star Wars: Commander inclúe compras integradas, xa que é free-to-play, xogo que xa podemos atopar no noso Play Store.