Con Tilt 2 Live Gauntlet’s Revenge coñecemos o novo xogo publicado por One Man Lef. A simple vista poderíamos considerar que nos atopamos ante un xogo cunha dificultade sinxela en canto ó concepto, pero se falamos sobre a súa xogabilidade, decatámonos que é máis complexo do que nun principio podíamos imaxinar.
Teremos que controlar unha frecha coa cal deberemos evitar a tódolos nosos inimigos, obtáculos, raios láser, bombas e outros obxectos que irán aparecendo pouco a pouco na pantalla. En xeral, un xogo de supervivencia agradable, pero ó mesmo tempo nada sinxelo.
Despois dun comezo sinxelo, en función que imos avanzando no xogo resultará cada vez máis complicado completar os niveis. No vídeo podedes ver como funciona o xogo e un enlace o Play Store onde podedes atopar os xogos desta compañía.