Honor 4X, una nova opción de gama media a bo prezo

honor 4x

Ademais do Honor 6 Plus do que vos vimos de falar, Honor tamén deu a coñecer hoxe unha opción de gama media. Falamos do Honor 4X, un trebello que se comercializará en dúas versións segundo se queira ter 1 ou 2 GB de memoria RAM.

O Honor 4X destaca especialmente polo seu procesador HiSilicon Kiron 620, con arquitectura de 64 bits. Incorpora unha pantalla IPS OGS de 5,5 polgadas e resolución HD 720p, cámaras de 13 e 5 megapíxeles, batería de 3000 mAh e capacidades de conexión 4G-LTE.

Sairá á venda con Android 4.4 KitKat, aínda que será actualizado a Lollipop (5.0). O seu prezo de saída é de arredor de 100 euros, na versión de 1 GB e de 130 se nos decidimos polos de 2 GB de RAM. Porén, aínda non está confirmado que vaia estar dispoñíbel en Europa.

Vía

Sobre o autor

Reply