OnePlus PowerBank: 10.000 mAh de batería extra por 15,99 €

oneplus powerbank 2

OnePlus vén de anunciar na súa tenda que axiña poderemos mercar a súa nova batería externa, cunha capacidade de 10.000 mAh, que máis ou menos vén a ser 3 veces a carga dun smartphone ou phablet de gama alta actual.

Mais a súa capacidade non é o único atractivo deste produto, xa que tamén dispón de dous portos de carga USB, polo que podemos cargar dous trebellos ao mesmo tempo. Lévalle un total de 5,5 horas estar plenamente cargada e dispón de 4 luceciñas LED que servirán para indicar o nível de batería.

oneplus powerbank

A OnePlus Powerbank custará tan só 15,99 € e estará dispoñíbel en branco ou negro.. Podedes atopar máis información na suúa tenda en liña.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply