Consumo de Datos e Chamadas, a app para controlar os teus consumos dun xeito eficiente

Nesta ocasión queremos revisar unha aplicación que nos gustou moito por todas as funcionalidades que nos aporta. Chámase, Consumo de Datos e Chamadas.

Como indica o nome, podemos controlar todos os puntos referentes ao plan que temos contratados dun xeito sinxelo. Hoxe en día podemos ter plans que inclúen minutos de voz, datos e mesmo paquetes de sms. Debido a esta relativa complexidade, e se non queremos ter sustos ao final do mes, podemos configurar a aplicación coa información do nosos plans contratados e así ao chegar a estes límites recibir avisos ou simplemente ir controlando o nosos consumos dun xeito periódico.

consumo datos 02

consumo datos 05

Un punto diferenciador é que a aplicación co paso dos días e analizando os nosos consumos, fai previsións coas que facernos unha idea de se imos chegar ben a fin de mes, ou se nos debemos conter para non sobrepasar o plan evitando ter un gasto extra co que non contabamos.

Ademáis podemos engadir contactos gratuitos cos que temos tarificacións especiais e así marcar para eles, unhas condicións diferentes ao resto de contactos como podedes ver na imaxe.

consumo datos 07

Outro punto que queremos destacar é que dispoñemos dunha sección de estatísticas coa que obter unha serie de datos que pode ser moi útil para moitos pois temos información que vai desde ver como se consume a nosa batería, pasando polo tempo que pasa a pantalla acendida, até os tempos de uso das nosas aplicacións.

consumo datos 04

consumo datos 03

Con todo isto, pensamos que Consumo de Datos e Chamadas, é unha aplicación a ter en conta por todos aqueles que estades interesandos neste tipo de aplicacións, que ademáis podedes descargar dende esta ligazón da Play Store dun xeito gratuito.

Sobre o autor

Reply