Comproba se che tocou a lotaría con esta aplicación

Quen máis, quen menos, practicamente todas xogamos algún euro na Lotería de Nadal, polo que precisamos unha ferramenta na que poder comprobar se resultamos premiadas, sen termos que agardar ás tradicionais páxinas dos xornais con táboas de números e premios.

loteria2

O xornal El Mundo vén de publicar unha aplicación que nos permite comprobar os números do sorteo de Nadal e o do Neno, que se celebrará en xaneiro. Está configurada para actualizarse ao vivo, polo que podemos comprobar reiteradamente os nosos números para ver se nos tocou algo mentres se celebra o sorteo ou a posteriori, cos resultados finais.

Entre as funcionalidades máis destacadas, ademais da súa boa estética e sinxeleza, está que temos a opción de seleccionar a cantidade que xogamos para saber o premio exacto que imos recibir. Así mesmo, tamén permite gardar os números para non ter que andar meténdoos de cada vez.

loteria

Desde El Mundo prometen que logo destas datas a aplicación incluirá outros sorteos de Loterías e Apostas do Estado, como o Euromillóns, a Quiniela, a Bonoloto, a Primitiva ou a Lotaría Nacional.

Podedes descargar esta aplicación de xeito gratuíto desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply