Vodafone ofrece gigas ilimitados en Nadal por 2 €

Gigas ilimitados Vodafone

Vodafone recupera as tradicionais promocións de Nadal de antaño cunha oferta moi interesante para as súas clientes. E é que desde hoxe até o 7 de xaneiro poderán consumir todos os datos que queiran pagando 2 € (IVE xa incluído.

A promoción é compatíbel para clientes particulares, profesionais e pequenas empresas con tarifas particulares de móbil contrato, ademais das clientes de contrato e cartón prepago YU e clientes coa tarifa Vodafone Internacional Smartphone. Quedan fóra as tarifas de Internet móbil para tablets, modem USB ou modem WiFi e non é compatíbel cos datos consumidos en roaming.

A promoción actívase marcando *555# + botón de chamada, ou a través de MiVodafone ou do 123.

Sobre o autor

No Responses

Reply