Asus vén de publicar un teaser para abrir boca de cara o CES, a primeira gran feira tecnolóxica, que se celebrará en Las Vegas a comezos de xaneiro.
En apenas 10 segundos, a compañía amosa o que presumiblemente será a liña dos novos Zenfone, que se paramos o vídeo deixa ver o que parece un botón traseiro semellante aos que está a empregar LG nos seus últimos dispositivos.
Outro aspecto que se deixa entrever é que semella que terá unha cámara con dobre sensor, algo que xa temos visto noutras marcas, cuns resultados mellores aos habituais cunha única lente.
Sexa como for, queda moi poucos días para coñecérmonos todo o que virá desde Las Vegas. E menos mal que estaremos entretidas durante a espera! 😉