Chega ós nosos dispositivos android Baldur’s Gate II Enhanced Edition, xusto a tempo para desfrutalo no Nadal, para deleite de todas as seareiras desta saga creada por Bioware e publicada no ano 2000 da man de Black Isle Studios, no cal, nos atoparemos a maxia dun dos lugares máis populares no mundo de Dungeons & Dragons.
Esta secuela do primeiro capítulo Baldur’s Gate, nesta edición ademáis da campaña orixinal “Shadows of Amn”, temos as seguintes expansións.
- Throne of Bhaal.
- Fist of the Fallen.
- The Black Pits II Gladiadores de Thay.
Baldur’s Gate II: Enhanced Edition ten un prezo de 8,99 euros. Por último, mencionar a presencia das compras in-app non son necesarias para a trama real do xogo e empregalas é totalmente opcional.
No caso de mercalas poderemos desbloquear os contidos adicionais de “A Price Paid in Blood”,”A Voice in the Dark”,”In Defense of the Wild”. Baldur’s Gate II: Enhanced Edition está dobrado en inglés e subtitulado al español.