Woxter foi dando a coñecer nos últimos días toda unha serie de tablets coas que pretende aumentar as opcións das consumidoras. Son produtos que se adaptan a diferentes presupostos, comezando por uns axustados 68 €, e con especificacións máis ou menos coincidentes entre todos, agás polo tamaño da pantalla.
As novas tablets QX75, QX95 e QX105 son dispositivos sinxelos, pensados para as usuarias máis básicas que buscan un produto sen moitas florituras. Estarían orientados ao seu uso para redes sociais, correo electrónico e algún que outro servizo multimedia.
Un paso por riba sitúase a Nimbus 115Q, que conta cunha pantalla de mellor calidade, polo que sería a mellor opción para consumos de contidos multimedia máis habituais.
QX75 | QX95 | QX105 | Nimbus 115Q | |
Pantalla | 7” (800 x 480) | 9” (1024 x 600) | 10.1” (1024 x 600) | 10.1” (1368 x 768) |
Procesador | Quadcores Cortex A7 | Quadcore Cortex A7 | Quadcore Cortex A7 | Quadcore Cortex A7 |
RAM | 512 MB | 1 GB | 1 GB | 1 GB |
Memoria | 4 GB (+ microSD 32 GB) | 16 GB (+ microSD 64 GB) | 16 GB (+ microSD 64 GB) | 16 GB (+ microSD 64 GB) |
Cámaras | 2 Mpx / VGA | 2 Mpx / VGA | 2 Mpx / VGA | 2 Mpx / VGA |
Batería | 2300 mAh | 4300 mAh | 5000 mAh | 6000 mAh |
Conectividade | WiFi | Wifi | WiFi | WiFi |
Prezo | 68 € | 117 € | 119 € | 159 € |
Todas elas veñen con Android 4.4 KitKat na súa versión stock, aínda que con algunha aplicación do fabricante preinstalada. Case con toda seguridade non serán actualizadas a novas versións de Android.