2014: O ano de Android

Un novo ano está a piques de rematar e que mellor momento para repasar as principais novidades do mundo Android que nos deixou este 2014.

ces 2014

Como é habitual o ano tecnolóxico comeza a principios de xaneiro co CES de Las Vegas, no que destacamos a presenza de ordenadores de sobremesa con Android, como poden ser o Lenovo N308, o HP Slate21 Pro ou o Acer TA272 HUL. Para o día a día de moitas chega, pero a distribución non acompañou e non son doados de atopar para a usuaria menos geek.

0_Xperia_Z1_Compact

No apartado dos smartphones e tablets o máis destacábel son o Xperia Z1 Compact e a renovación das tablets de Samsung pois presentau diferentes modelos das familias Galaxy Note Pro e Galaxy Tab.

lg lifeband touch

Para ir remantando co CES debemos destacar a importante presenza neste evento dos wearables, en concreto de pulseiras medidoras de actividade física. Así queremos lembrarvos a LG Life Band Touch e a Sony Core, que só son un dos moitos que coñecemos ao longo do ano, pois o 2014 pensamos que foi cando que se asentaron este tipo de gadgets.

mwc 2014

O evento do ano para nós é o Mobile World Congress de Barcelona, pois neses días temos a oportunidade de coñecer as principais apostas dos fabricantes para o 2014. Gustaríanos comezar o repaso ao MWC por Huawei xa que pensamos que este foi o seu ano, pois presentaron dispositivos a ter moi en conta e mesmo unha nova marca na coa que vender en Europa chamada Honor sendo o Honor 6 o seu máximo expoñente e que chegaría uns meses despois.

honor 6 portada

Pola súa parte, Samsung elixiu estas datas para presentar unha morea de productos para chegar ao máximo número de consumidoras posíbel. Deste xeito coñecemos o Gear 2 e o Gear 2 Neo, a Gear Fit e a renovación do seu smartphone estrela, o Galaxy S5.

gear fit deporte

Para rematar o minirrepaso do MWC falaremos desa arriscada aposta de Nokia-Microsoft por un fork de Android elixido para o interior do Nokia X e que podemos considerar coma o primeiro achegamento da marca Nokia ao ecosistema Android, pero sendo xenerosos, estes terminais saíron ao mercado moi verdes e non tiveron éxito no noso país.

ifa 2014

O seguinte evento de referencia é a IFA de Berlín que neste 2014 estivo chea de novidades interesantes. Sony presentou a enésima actualización da familia Xperia Z da man do Xperia Z3. Tamén é certo que o Xperia Z3 é a actualización máis atractiva para o consumidor desde o modelo inicial.

edge3

Samsung presentou o Note 4, o Galaxy Edge do que podemos dicir que foi o terminal máis innovador do ano, e o seu primeiro reloxo con Tizen e 3G, chamado Gear S.

Pola súa banda, Motorola deuno todo na IFA. Actualizou o seu terminal estrela do ano anterior, o Moto G fixo o mesmo co Moto X e por fin puidemos ver o reloxo intelixente do que falabamos durante todo o ano, o Moto 360.

Moto 360

O Moto 360 podería ser o reloxo máis nomeado do ano, pero non foi o único presentado no marco da IFA pois Asus, LG e Sony presentaron as súas opcións para cubrir este mercado. A nós o que máis nos gustou foi o G Watch R, de LG que estamos probando estes días e do proximamente teredes un a fondo no blog.

Android e Google.

google io 2014Un apartado especial queremos facer cos productos de Google. A mediados de ano celébrase o Google I/O, un evento destinado principalmente a desenvolvedores no que coñecemos Android Wear, ese novo OS que portarían moitos dos smartwatchs do 2014, a aplicación Google Fit para axudar a medir a nosa actividade física.

Outra novidade importante que chegou da man de Google foi Android One, un novo sistema operativo dirixido a mercados emerxentes para impulsar o uso de novas tecnoloxías.

Ademáis no Google I/O coñecemos o aspecto da nova versión de Android, que daquela foi presentado como Android L, e meses despois concretaríase en Android 5, Lolipop.

nexus 6

Lolipop foi lanzado a mediados de outubro no interior de dous novos dispositivos o Nexus 6 e a Nexus 9. O Nexus 6 supuxo un pequeno tsunami, pois Google avandonou a política de prezos baixos o que sorprendeu a moitos ao tempo que decidiu meterlle unha pantalla de 6 polgadas.

androidengalego

Ademáis, o lanzamento do Nexus 6 e 9 supuxo o final dun longo esforzo que se materializou na inclusión do galego coma idioma nativo. Logo de  traballar durante o ano na campaña Android en Galego e grazas ao voso apoio, Google apostou pola nosa lingua.

Unha mención ben a mercen outras empresas como pode ser a española bq que coa renovación da familia Aquaris están asentados con forza no mercado español e mesmo a chinesa One Plus co seu smartphone One Plus One que axitou o mercado co seu prezo, aínda que menos do que se agardaba pola mala distribución.

Epic fails do ano.

android fail

Tamén este 2014 que remata deixouos algúns epic fail no mundo Android. Se temos que elixir tres, pensamos que son os protagonizados por HTC, Amazon e Whatsapp:

HTC non acada de atopar ese terminal que os devolva ao camiño exitoso de xa fai demasiados anos, e a súa gran aposta, o M8 non gustou.

O outro gran fracaso ven da man da todopoderosa Amazon co seu Fire Phone, que levaba no seu interior un fork de Android e non contaba con Play Store, polo que tiñamos que depender por completo da tenda de aplicacións da propia Amazon. Sexa por isto ou polo seu elevado prezo, o Fire Phone non acadou (por moito) as cifras de venta agardadas.

E por último, o dobre check azul de Whatsapp. Poucos días se precisaron para ver como se rectificaba a decisión da empresa de incluir esta funcionalidade como opción fixa e sen posibilidade de elixir se a queriamos manter activa ou non. Para moitos era unha intrusión na súa privacidade. Non tanto, ou?

Con isto damos por rematado o ano, agardando que no próximo teñamos tantas ou máis novas que compartir con vós.

Lémonos o ano que vén!

Sobre o autor

No Responses

Reply