Desire 42, unha app para pasar un anaco divertido coa parella

Non coñecedes Desire42? Esta é a aplicación que hoxe queremos compartir con vós, unha ferramenta para “xogar” en parella facendo retos inesperados e que mesmo poden ser máis ou menos picantes para pasar un anaco divertido dun xeito diferente.

A app conta cunha sección de categorías na que podemos elixir retos en función de diversas temáticas como vemos na captura.

desire 42 03

desire 42 04

Se eliximos a categoría de “roles e fantasías” vemos a que tipo de xogos non enfrontamos, polo que para este xogo é básico un certo nível de complicidade coa outra persoa.

A mécanica é sinxela, lanzamos un reto á nosa parella á que lle podemos marcar un tempo máximo para realizalo. Cada reto suma unha puntaxe á persoa que aceptou e superou o reto.

desire 42 05

desire 42 02

Ademáis dos xogos propostos, Desire42 ten un apartado para crear os nosos propios retos para facelo máis interesante engadindo aqueles xogos que sabemos que lle van gustar á outra persoa.

Desire42 é unha aplicación que podedes atopar na Play Store totalmente de balde.

Sobre o autor

Reply