Cunha mensaxe en código Morse que di “optical zoom”, Asus emprázanos a ver o que outras non poden ver. É o seu teaser para o CES de Las Vegas, onde semella que presentarán algo no que prestarán especial atención á fotografía.
A cita con eles está marcada para o 5 de xaneiro. Que será, será…?