Tras o éxito do seu predecesor, a chinesa Xiaomi vén de presentar o Redmi 2, o seu modelo para a gama media. Aínda que nun principio non está prevista a súa comercialización en Europa de xeito oficial, resultounos un dispositivo altamente interesante.
Das súas especificacións técnicas destaca unha pantalla de 4,7 polgadas con resolución 720p, procesador SnapDragon 410, de catro núcleos, 64 bits e 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, a batería de 2200 mAh e dispón de conectividade LTE e dual SIM.
Se cadra o máis relevante é que custará 699 yuans, que ao cambio resulta algo menos de 100 €, un prezo altamente competitivo para este sector.
Que vos parece?
Eu creo q por menos nn se pode ter mais, xiaomi esta a marcar o lowcost en smartphones.
Cabe destacar tamen q as duas tarxetas SIM dispoñen da conectividade 4G algo que non acostuman a mencionar nin a facer outros fabricantes