Sony aposta por Android e Google Cast para as súas televisións conectadas

Android-TV-Sony

Durante a conferencia de prensa desta madrugada, Sony anunciou que todas as televisións Sony Bravia que presentarán ao longo do 2015 empregarán Android TV, feito que supón un importante apoio táctico para o éxito do sistema operativo Android neste eido, até o de agora bastante feble.

Como podedes imaxinar, as posibilidades que achega a inclusión de Android a un televisor son case infinitas, mais quizais as máis destacadas sexa o acceso ás diversas tendas de contidos e aplicacións de televisión á carta, sen esquecernos das funcionalidades máis habituais que ofrece a conectividade dun trebello.

Ademais, Sony confirmou a traducción de Android TV a 42 idiomas (non citou cales) de cara o seu lanzamento a finais de ano.

Sobre o autor

Reply