Non, Sony non presentou o Xperia Z4 no CES de Las Vegas. Parece que a compañía nipona decidiu frear un pouco o frenesí de presentar un sucesor do seu tope de gama en cada feira tecnolóxica que se prece.
O que si fixo foi confirmar a data de actualización do Xperia Z3 a Lollipop (Android 5.0), que chegará aos dispositivos no mes de febreiro. Con todo, non será o único dispositivo de Sony que reciba a actualización a esta versión de Android, xa que tamén terán a súa dose de Lollipop o Z33 Compact, a Tablet Z3 Compact e o Xperia Z2, aínda que para estes con adiantaron datas.