Movistar tamén empeora algunhas tarifas móbiles

movistar

Tras o empeoramento de tarifas coas que mobilR empeza o ano, hoxe tócalle a quenda a Movistar, que empeorará a partir de febreiro varias das súas tarifas para forzar ás súas clientas a contratar unha das novas.

Entre as afectadas está o Contrato Básico Personal, que funciona ademais como base para varias tarifas con add-ons, polo que os cambios afectarán a máis persoas. O seu consumo mínimo pasa dos 7,26 € aos 12 €, e o establecemento de chamada dos 0,18 € a 0,20 €.

Ademais tamén mudarán as tarifas que se empregaban como retedoras da clientela ante ameazas de portabilidade ou baixa, como Habla y Navega Reducida (1 GB por 10,89 € + chamadas a 1,21 cént/min), que a partir do 18 de febreiro subirá a cota a 12 € e o minuto a 2 céntimos, subindo tamén o establecemento aos 0,20 €.

Ante estes cambios nas condicións de contratación as usuarias poden resolver o contrato e mudar de operador, aínda que se adquiriu un terminal subvencionado é necesario pagalo.

Máis info.

Sobre o autor

Reply