TempTraq: controlar a temperatura dunha doente por Bluetooth xa é posíbel

Non son poucas as aplicacións e trebellos relacionados coa medicina que se están a ver este ano no CES de Las Vegas, aínda que moitas delas tardaremos anos en velas en funcionamneto nun entorno de traballo real, en grande medida polo seu custo.

temptraq

Non será o caso de TempTraq, que a espera de ser aprobada polas autoridades sanitarias, suporá unha solución de baixo custo para a medición e monitorización da temperatura. Trátase dun adhesivo que se coloca nunha zona próxima á axila e, unha vez activado, envía ao noso smartphone ou tablet informacion constante sobre a temperatura.

temptraq app

A través dunha aplicación podemos ver un histórico da doente que se está a controlar, para ver a evolución que ten. Ademais, mediante un código de cores indicarásenos se é normal ou se está por riba dos valores correctos, de cara a que sexa máis doado saber se algo vai mal.

TempTraq é unha solución sinxela mais a un tempo eficaz e cómoda, sobre todo pensando nos bebés, que poderemos ter controlados cando están maliños sen ter que amolalos para pórlles un termómetro.

Sobre o autor

Reply