Blu Studio Energy, un smartphone con 5000 mAh de batería

blu studio energy

Tras coñecermos o Blu Vivo Air, con apenas 5,1 mm de grosor, vimos de descubrir outro dispositivo da compañía norteamericana que merece atención; o Blu Studio Energy, que monta unha batería de 5000 mAh, moi superior ás cifras que manexan os smartphones actuais.

Ademais, se temos en conta que a súa pantalla de 5 polgadas ten resolución 720p (algo baixa para ese tamaño), a autonomía pode chegar aos 4 días para un uso habitual. Do resto de especificacións destaca o procesador MediaTek MT6582, de catro núcleos a 1,3 GHz, que vén acompañado de 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

Como vedes, trátase dun dispositivo de gama media, que estará dispoñíbel en tres cores por 179 dólares.

Sobre o autor

No Responses

Reply