HTC anuncia a actualización de software da cámara RE para poder facer streaming por YouTube

htc re

HTC anunciu no CES de Las Vegas que a súa cámara de acción HTC RE recibe hoxe unha actualización de software que permite ás usuarias facer streaming en directo a través das súas canles de YouTube. Realmente trátase dunha actualización que afecta á aplicación que xestiona a cámara e non do software da RE en si, polo que amosarase como unha actualización normal na Play Store.

Para activar esta funcionalidade unicamente haberá que seleccionar o live streaming desde a aplicación. Unha vez verificado, calquera vídeo que se queira compartir transmítese da RE ao smartphone, que envía o sinal á canle de YouTube.

Sobre o autor

Reply