Jide Remix Ultra, a tablet creada por extraballadoras de Google

jide remix ultra tablet

O máis seguro é que Jide sexa unha empresa descoñecida para a gran maioría; está formada por extraballadoras de Google que deixaron a compañía para emprender un negocio orientado a un público profesional.

Neste CES presentaron a súa primeira tablet, chamada Remix Ultra Tablet, un dispositivo que leva de serie un teclado magnético e un soporte para reclinala entre 40 e 80 grados, aspectos que nos recordan á Surface de Microsoft.

jide remix ultra tablet 2

Das súas especificacións destacamos a súa pantalla de 11,6 polgadas, con resolución 1920 x 1080, procesador Nvidia, 2 GB de RAM e 16 ou 64 GB de memoria interna, a elixir. Leva Android 4.4.2 cunha capa de personalización, Remix OS, que fai que a interface lembre máis a un computador con Windows ca a unha tablet Android, de cara a esa experiencia de escritorio que queren conseguir, e con funcionalidades que inclúen a multiventá.

Estará dispoñíbel primeiramente na China, e proximamente en Europa e Estados Unidos. A versión de 16 GB custará 349 dólares (apenas 300 euros) e a de 64 GB 449 € (uns 380 €).

Sobre o autor

Reply