Ademais da pouca capacidade que en xeral teñen as baterías dos nosos smartphones, moitos deles precisan moito tempo para se cargar ao 100%, aínda que os últimos gama alta que se foron incorporando sistemas de carga parcial rápida que nos poden sacar de máis dun apuro.
Tras facer diferentes investigacións en nanotecnoloxía, a empresa StoreDots vén de estar facendo demos reais no CES de Las Vegas cun prototipo de batería que se carga ao 100% en menos de dous minutos, aínda que esta tiña unha duración de 5 horas.
Con todo é un primeiro paso para un futuro non moi lonxano no que, malia quizais non avanzar moito en capacidade de autonomía si que poidamos facelo na velocidade de carga. A idea da empresa é chegar a acordos con fabricantes para que a súa tecnoloxía vaia integrada de serie nos smartphones que se vendan.