Sony Xperia Z4 Music, o trebello musical no que estaría traballando Sony

xperia-z4-music

Durante o CES Sony presentou o novo Walkman ZX2, un reprodutor de son en alta fidelidade baseado en Android que ten no prezo o seu maior handicap, pois achégase aos 1000 dólares, unha cifra moi por riba das posibilidades do público medio.

Co MWC a poucas semanas vista, todo fai crer que a filtración dun suposto Sony Xperia Z4 Music podería supór que haberá unha presentación inminente do novo Xperia Z4 e que este chegará con trebellos accesorios, entre os que estaría un modelo orientado ao consumo musical.

De confirmarse a súa existencia e as súas características, o Xperia Z4 Music contaría cunha pantalla de 4 polgadas e resolución 720p, procesador SnapDragon 801 de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de RAM, 32 ou 128 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámara principal de 8 Mpx e batería de 2000 mAh.

Non cabe dúbida de que Sony ten moito que dicir en temas musicais, e no momento de estancamento tecnolóxico que está a ter a compañía, esta podería ser unha boa vía de innovación.

Vía

Sobre o autor

Reply