O primeiro que vos estaredes a preguntar moitas de vós será: pero que é un AA? Pois moi sinxelo, avisar a.
Como moitas de nós facemos hoxe en día, é normal ter un patrón de desbloqueo para preservar o mellor posíbel os datos do smartphone, pola cantidade e importancia destes. Pero que acontece se un terceiro ten que avisar aos nosos achegados en caso de accidente ou se perdemos o móbil e o que atopa quere devolvelo (sí, aínda queda xente boa)?
Para estes casos, temos unha opción de configuración nos nosos Android pola que seguindo a seguinte ruta: pantalla – bloqueo de pantalla – mensaxe persoal, podemos poñer na pantalla de desbloqueo unha mensaxe deste tipo:
Como imaxinades a mensaxe é totalmente personalizábel polo que podemos poñer o que cada un prefira. Por darvos algunha idea, como podemos introducir símbolos, tamén poderiamos poñer o noso grupo sanguineo non só un nome ou un teléfono.
Coñeciades esta opción? Pensades empregala?
NOTA: a ruta que vos sinalamos para editar a mensaxe tipo AA, pode variar segundo o terminal e a capa de personalización do fabricante.
Se acaso algún de vos ten un bq, polo menos no bq E5 FHD, a cousa sería distinta: dentro de “Ajustes”, buscas a opción “Seguridad” e, dentro desta, “Información del propietario”. Esta opción facilítache un campo para que o cubras co texto que che preste, cun AA ou o que queiras, e cando volvas ver a pantalla de bloqueo, aí estará o teu texto, pequerrecho, pero á vista.
Saúde.
Home, eu levaba tempo buscando unha solución a esto. Sobre todo, porque andando en moto cómo ando, nunca se sabe o que pode ocurrir… Pero a verdade é que buscaba algo máis… complicado. Esta solución é sinxela pero tampouco me gusta muito ter á vista o numero de telefono de outra persoa…
Antigamente, nun iPhone algo “modificado” tiña aos favoritos na pantalla de bloqueo. Bastaba con lanzar á chamada dende ahí. Será algo mui dificil de conseguir?
Boas Enrique.
Pódese crear accesos directos dos contactos que desexes no escritorio. Para isto só tes que buscar na axenda un contacto, premer sobre el e ir á opción: “engadir a páxina de inicio como” Verás tres opcións e decide como queres que se amose no escritorio este acceso directo: como contacto, chamada directa ou mensaxe directo.
Pero claro, para isto é preciso desbloquear o terminal e se non entendo mal, ti preguntas por como se podería colocar os accesos directos a un contacto determinado, na pantalla de desbloqueo. Para esta segunda opción pensamos que che pode axudar a app Start (de balde na Play Store) que non fai exactamente polo que preguntas, pero pode axudar.
Esta app ten moitos accesos directos a aplicacións e entre eles, podes acceder ás úlimas chamadas que realizaches e poder devolver a chamada ou podes colocar un acceso directo personalizado co que ir aos contactos (todos) sen necesidade de desbloquear o terminal.
Outra opción e que lle des unha volta ás opcións de pantalla do teu terminal pois no noso caso (un LG G2) a capa de personalización permítenos colocar un acceso directo da axenda, como fai a app Start, pero non dun contacto en concreto e se cadra outro fabricante permita facer o que precisas.
Un saúdo!