Como poñer un AA na pantalla de desbloqueo

O primeiro que vos estaredes a preguntar moitas de vós será: pero que é un AA? Pois moi sinxelo, avisar a.

Como moitas de nós facemos hoxe en día, é normal ter un patrón de desbloqueo para preservar o mellor posíbel os datos do smartphone, pola cantidade e importancia destes. Pero que acontece se un terceiro ten que avisar aos nosos achegados en caso de accidente ou se perdemos o móbil e o que atopa quere devolvelo (sí, aínda queda xente boa)?

Para estes casos, temos unha opción de configuración nos nosos Android pola que seguindo a seguinte ruta: pantalla – bloqueo de pantalla – mensaxe persoal, podemos poñer na pantalla de desbloqueo unha mensaxe deste tipo:

Seguridade AA

Como imaxinades a mensaxe é totalmente personalizábel polo que podemos poñer o que cada un prefira. Por darvos algunha idea, como podemos introducir símbolos, tamén poderiamos poñer o noso grupo sanguineo non só un nome ou un teléfono.

Coñeciades esta opción? Pensades empregala?

NOTA: a ruta que vos sinalamos para editar a mensaxe tipo AA, pode variar segundo o terminal e a capa de personalización do fabricante.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Señor Paquito 13 Xaneiro, 2015 Responder
  2. Enrique 20 Xaneiro, 2015 Responder
  3. Álvaro M. Souto 20 Xaneiro, 2015 Responder

Reply