Je suis Charlie

A estas alturas todas estamos ao tanto do acontecido na revista francesa Charlie Hebdo. Un problema relixioso? Na nosa opinión non o é, senón máis ben unha desculpa pola que ass fanáticas tentan extender a censura e o terror polo mundo, cando alguén di o que non nos gusta por moita razón que teña.

je suis charlie

Ao carón desta masacre apareceu na Play Store unha aplicación coa que podemos amosar a nosa solidariedade coas vítimas que se chama Je suis Charlie. Ao descargar esta aplicación só temos que marcar no mapa a nosa ubicación e así formar un mapa global de apoio.

Todas as que facemos opinión, información ou humor dun xeito público estamos sinaladas, pero non podemos ter medo a nos expresar libremente, ademais de que estes ataques non serven para moito, como recolleu Davila nesta tira.

davila charlie

JE SUIS CHARLIE!!

Sobre o autor

Reply