Ocean’s, o outro operador de móbil galego

oceans tierra

Cando falamos de operadores de telecomunicacións galegos a todas se nos vén á mente R, unha compañía cun forte compromiso pola nosa terra, que se plasma tanto polo gran esforzo inversor como pola súa actitude cara a nosa lingua, entre outras cuestións. Mais R non é o único operador móbil con base en Galiza, desde onde tamén opera Ocean’s, unha pequena empresa con sede na Coruña que ofrecer servizos de telefonía fixa, móbil e Internet.

Ocean’s achega unha serie de tarifas chamadas Tierra, con diferentes cantidades de datos e minutos incluídas de serie. Cómpre sinalar que os minutos son para chamar a fixos e móbiles españois, máis tamén valen para chamadas a fixos de 12 países (Alemaña, Canadá, Chipre, Francia, USA, Hungría, Irlanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza).

  • Tierra 4 (4,84 €/mes): inclúe 100 minutos.
  • Tierra 6 (7,26 €/mes): inclúe 100 minutos + 1 GB de datos.
  • Tierra 9 (10,89 €/mes): inclúe 100 minutos + 2 GB de datos.
  • Tierra 15 (18,15 €/mes): inclúe 300 minutos + 3 GB de datos.
  • Tierra 25 (30,25 €/mes): inclúe chamadas ilimitadas + 4 GB de datos.
  • Tierra 35 (42,35 €/mes): inclúe chamadas ilimitadas + 5 GB de datos.

Os excesos nas tarifas con número de minutos ilimitados cóbranse a 10,89 cént/min, cun establecemento de 18,15 cént/chamada. Con todas podemos contratar unha tarxeta SIM extra para compartir a tarifa nun segundo terminal ou tablet por 3,63 €/mes, e a partir de Tierra 9 en adiante é posíbel adquirir un bono de 1 GB de datos extra por 12,10 € adicionais, que nos poden sacar dun apuro se un mes andamos xustos.

Ocean’s funciona coa rede de Orange, e polo de agora non ten acceso ao seu 4G. Con todo, a súa oferta é das máis competitivas do mercado, resultando de especial interese para aquelas usuarias que prefiren ter máis datos ca minutos incluídos de serie nas súas tarifas.

Sobre o autor

No Responses

Reply