Durante uns días estivemos probando unha app que nos axuda a levar un control dos datos consumidos e chamadas realizadas. O primeiro que nos chamou á atención foi o se deseño, visualmente atractivo e funcional que fai que a aplicación entre polos ollos. Esta aplicación chámase Weplan.
Cando entramos por primeira vez, atopámonos cunha serie de pantallas de configuración para dicirlle á app cal é o noso proveedor de servizo, que tarifa temos, se forma parte dun paquete integrado ou non, primeiro día de facturación,…
Unha vez que lle proporcionamos toda esta información a aplicación comeza a traballar medindo os nosos consumos como vemos a continuación e ademáis ten unha opción para ver e editar se é preciso os parámetros inicialmente introducidos.
Ademáis queremos destacar que se prememos sobre as iconas dos datos consumidos, ou gasto en chamadas, teremos un detalle completo de como se chegou a esa cifra.
Outro aspecto que queremos poñer en valor desta aplicación, é que ten unha pantalla na que podemos ver ofertas doutras compañías que melloran o servizo que temos contratado dicindo canto podemos aforrar.
En xeral podemos dicir que a Weplan é unha app que cumplirá as vosas espectativas que ademáis podemos atopar de balde na Play Store.