Aínda queda mes e medio por diante, pero HTC vén de amosar unha imaxe a modo de teaser do seu próximo gran evento: a presentación do seu novo buque insignia, sucesor do HTC One (M8), terá lugar no MWC de Barcelona.
Segundo apuntan os rumores, o HTC Hima (nome en clave) terá as seguintes especificacións:
- Pantalla de 5 polgadas FullHD
- Procesador Snapdragon 810 (catro núcleos a 2.0 GHz + 4 núcleos a 1,5 GHz)
- 3 GB de RAM
- Cámaras de 20,7 (traseira) e 4 Ultrapixel ou 13 Mpx na frontal
- Batería de 2840 mAH
- Android 5.0 Lollipop.
En calquera caso, o primeiro de marzo estaremos en Barcelona contándovos toda a actualidade do novo dispositivo de HTC e de todo o que se presente nun MWC que se prevé cargado de sorpresas.