Google inviste mil millóns de dólares na empresa de satélites SpaceX

space x

Hai xa moito tempo que Google deixou de ser a empresa do buscador para adicarse a case todo. De todos os campos que tocan os máis chamativos son os que teñen que ver coa robótica e os satélites, liñas de traballo nas que levan investidos moitos, moitos, moitos cartos.

Hai uns minutos confirmouse a nova de que a empresa de Mountain View invistirá 1000 millóns de dólares en SpaceX, a empresa de Elon Musk adicada aos satélites, o que supón o segundo gran movemento da compañía nesta área do coñecemento, tras terse feito con Skybox Imaging.

O fin último de Google, como xa teñen manifestado diversos directivos, é conseguir satélites de baixo custo para conseguir mellorar as comunicacións de todo o Planeta, un obxectivo que comparten outras grandes empresas do sector, como Facebook co seu proxecto Internet.org.

Sobre o autor

Reply