Huawei pisa o acelerador e presenta o Ascend G7

Ademais da presentación de Samsung, esta mañá asistimos a un evento con Huawei. Durante o mesmo, a compañía chinesa aproveitou para informar das súas cifras de venda durante o pasado ano e as previsión para este 2015.

ascend g7

Concretamente, durante o 2014 acadaron o 8% do mercado de smartphones no Estado, unha cifra que aspiran a mellorar no 2015 grazas a un portfolio de terminais que inclúe o Ascend Mate 7, os futuros dispositivos que veremos no Mobile World Congress (que estrearán denominación, eliminando o apelido Ascend) e o hoxe presentado Huawei Ascend G7, un dos últimos dispositivos cos que a marca chinesa aspira a seguir aumentando as baos cifras de venda no noso país.

ascend g7 2

O novo trebello resulta especialmente esbelto, cos seus 7,6 mm de grosor, e pesa arredor de 165 gramos. Integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución HD (1280 x 770p, 267 ppp) e procesador de catro núcleos ARM Cortex A53, a 1,2 GHz. A súa memoria RAM é de 2 GB, e a interna de 16 GB, ampliábel por tarxetas microSD de até 64 GB.

ascend g7 3

No que ten a ver coas cámaras, un dos aspectos máis valorados polas usuarias, a principal é de 13 Mpx con flash LED, mentres que a frontal fica nos 5 Mpx. A súa batería é de 3000 mAh e emprega Android 4.4 (actualizábel), sobre o cal temos a capa Emotion UI 3.0.

ascend g7 presentacion

O Huawei Ascend G7 está xa á venda en dúas cores, branco e negro, por 299 euros, aínda que tamén se poderá mercar a través de diversas operadoras que o terán financiado nos seus respectivos catálogos.

Sobre o autor

Reply