Os rumores que apuntaban a unha versión web de Whatsapp eran certos, e desde hai apenas uns minutos está operativa a web http://web.whatsapp.com, que albergará o servizo. Porén, até o de agora non é funcional, polo que pouco máis podemos contar.
WhatsApp responde así a unha demanda histórica das usuarias do servizo, que querían poder disfrutar das conversas en todas as plataformas. Semella pois que será o primeiro chanzo para que a aplicación sexa tamén multidispositivo.
Que vos parece a nova?
[Actualización] Descarga e instala este apk, entra na web. A continuación abre a aplicación, vai ao menú, clica en “WhatsApp Web” e escanea o código QR co móbil seguindo as indicacións
Esperaba algo máis nun lanzamento destas características. Pareceume unha solución a medias para unha demanda que hoxe en día xa están cubrindo Telegram ou Line, con apps nativas en diferentes sistemas operativos e que operan de maneira autónoma, sen precisar de ter ó móbil conectado por Wifi.
Con todo, imaxino que gran parte dos usuarios estarán máis que satisfeitos con esta opción.