Google estaría preparando o lanzamento dun operador móbil

google mobil

Anos atrás a imaxe que acompaña este artigo deu a volta ao mundo. Tratábase do pack de benvida, SIM incluída, a Google como operador móbil. Porén a euforia durou o pouco que se tardou en descubrir que se trataba dun fake, unha imaxe falsa.

A idea de Google como operador móbil volve agora estar de actualidade tras a aparición dun rumor con certa credibilidade que apunta á existencia dun proxecto denominado internamente Project Nova, que verá a luz ao longo deste ano e que xa están probando diversas persoas da compañía.

Segundo parece, Project Nova consistiría nun OMV de Google que aproveitaría a cobertura das redes radio de Sprint e T-mobile, dous dos operadores máis extendidos en USA, para dar servizo de voz e datos. É de supór que falaremos de plans de prezos con gran cantidade de datos a baixo prezo, pois cómpre lembrar que estamos a falar dunha empresa que aposta pola vida na nube.

Mentres agardamos que se confime esta información, cómpre lembrar que Google xa é arestora operador de conexións fixas a través de Google Fiber, que conta ademais cunhas tarifas moi competitivas:

  • 5 / 1 Mbps: gratis (só se pagan 300 $ unha única vez pola instalación)
  • 1000 / 1000 Mbps: 70 $/mes (sen custe de instalación)
  • 1000 / 1000 Mbps + 150 canles de TV: 120 $/mes (sen custe de instalación)

Que vos parece a idea de Google como operador móbil? Seríades potenciais clientes da compañía?

Sobre o autor

Reply