Ryanair ofrecerá WiFi de balde nos seus avións antes de fin de ano

ryanair

Moitas usuarias levamos anos reclamando WiFi a bordo dos avións, e aínda que algunhas compañías levan anos ofrecendo este servizo, a súa presenza nas compañías europeas é practicamente anecdótica.

O verán pasado Iberia anunciou que algúns dos seus avións ofrecerían este servizo, malia que os prezos son prohibitivos, xa que estamos a falar de 4,95 $ por 4 MB, 19,95 $ por 22 MB e 39,95 $ por 50 MB (cantidade, non velocidade).

Pola súa banda, Ryanair anunciou hai uns días que antes de final de ano terá WiFi en varios dos seus avións, como proba piloto para que o 100% da frota da compañía poida ofrecer este servizo, seguramente ao longo do 2016. A sorpresa chegou ao descubrirmos que terán un servizo básico gratuíto (a cambio de publicidade), abondo para consulta de cousas menores como o correo electrónico ou WhatsApp, malia que tamén ofrecerán un produto de pagamento con mellores condicións.

A estratexia englóbase dentro da campaña de lavado de imaxe que a compañía leva facendo desde hai meses, que inclúe unha web máis transparente e mellores servizos a bordo.

Credes necesario termos WiFi nos avións para seguir a fuchicar nos nosos smartphones ou tablets durante os voos?

Sobre o autor

Reply