Evleaks filtra o HTC One M9

htc one m8 filtrado

Hai uns días HTC anunciou o seu evento para o MWC de Barcelona, unha cita na que coñeceremos varios dos dispositivos que serán chave ao longo do 2015. A ninguén se lle escapa que o sucesor do HTC One está na axenda do fabricante, e Evleaks vén de amosarnos a primeira imaxe.

Atendendo a esta información, o HTC One M9, nome en chave Hima, chegará con deseño completamente renovado e acompañado dunha versión Plus, de maiores dimensións.

A falta de que se confirme a información que se rumorea, o novo trebello de HTC incluiría un procesador Qualcomm Snapdragon 810, de oito núcleos (catro a 2.0 GHz e outros catro a 1,5 GHz), 3 GB de memoria RAM, pantalla FullHD de 5 polgadas e cámaras de 20,7 e 13 megapíxeles. A batería situaríase nos 2840 mAh e xa viría de partida con Android 5.0 Lollipop.

htc one evolucion

De confirmarse esta información estaríamos ante a maior evolución de deseño do fabricante desde o primeiro HTC One, que serviu para comezar unha nova era na compañía.

Que vos parece?

Sobre o autor

2 Comments

  1. Diego 28 Xaneiro, 2015 Responder
  2. Xurxo 30 Xaneiro, 2015 Responder

Reply