LG Ice Cream Smart, o novo teléfono cuncha para Corea do Sur

lg ice cream smart

En Europa, os teléfonos tipo cuncha foron sendo desterrados, sendo hoxe en día practicamente imposíbel atopar algún sitio onde nos vendan un coa etiqueta intelixente. Non así en Asia, onde existe un público numeroso que segue interesado neles, sendo unha liña máis para os fabricantes que traballan no continente.

lg ice cream smart 2

LG vén de anunciar un novo dispositivo deste estilo, o LG Ice Cream Sandwich, un trebello de prestacións modestas e que emprega Android 4.4 KitKat. Ten unha pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución 480 x 320 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD. Dispón de dúas cámaras, a principal de 8 megapíxeles e a frontal VGA, batería de 1700 mAh e conectividade LTE.

Ten un PVP duns 250 euros ao cambio, e o máis probábel é que non chegue nunca a comercializarse aquí, aínda que sempre nos quedarán as tendas en liña.

Sobre o autor

One Response

  1. Xurxo 30 Xaneiro, 2015 Responder

Reply