Samsung inaugura gama de entrada co Galaxy J1

samsung-galaxy-j1

Desde hai algún tempo Samsung está a reorganizar o seu portfolio de smartphones e tablets, un movemento que trouxo consigo o lanzamento da serie Galaxy A, da que forman parte o A3 e A5 que presentaron hai uns días en Madrid. Hoxe deron a coñecer o primeiro trebello da serie Galaxy J, o Galaxy J1, un dispositivo modesto que aspira a competir na gama máis baixa.

Incorpora unha pantalla WVGA de 4,3 polgadas (800 x 480) píxeles, e no seu interior integra un procesador dual core a 1,2 GHz, 512 MB de memoria RAM, 4 GB de almacenamento interno ampliábeis por microSD, cámaras de 5 e 2 megapíxeles e batería de 1850 mAh. Como sistema operativo leva Android 4.4 KitKat coa interface Touchwiz.

samsung-galaxy-j1 2

Malia que se agarda que o seu prezo cando se poña á venda fique arredor dos 100 €, semella que as prestacións son bastante escasas, sobre todo se temos en conta a grande competencia que hai agora mesmo nese rango de prezos. Que vos parece?

Máis info

Sobre o autor

Reply