ZTE vén de presentar o seu novo smartphone Android, o ZTE Blade S6, un trebello que destaca por dispór de conectividade 4G e por saír á venda coa última versión do sistema operativo, Android 5.0.
Está dotado dun procesador SnapDragon 615, de oito núcleos, acompañado de 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa pantalla é de 5 polgadas e a batería de 2400 mAh.
A cámara principal é un sensor Sony Ultra HD de 13 megapíxeles, con flash LED, mentres que a frontal queda nos 5 megapíxeles. O apartado multimedia complétase cun sistema de son en alta fidelidade, que ha de vir ben ás usuarias que desexen disfrutar do multimedia nos seus dispositivos.
Ademais de vir coa última versión de Android, Lollipop 5.0, o Blade S6 conta con Smart Sense, un conxunto de intuitivos controis por xestos que permiten levar a cabo diversas accións, como activar a lanterna cun xiro do pulso ou sacar fotos rapidamente. A capa de personalización é MiFavor, na versión 3.0.
Porase á venda no mes de febreiro no mercado internacional, aínda que no caso español haberá que agardar á privamera. O seu prezo, polo de agora, é unha incógnita.