Outlook para Android, con soporte para contas doutros servizos de correo

outlook android

En Microsoft, conscientes do éxito de Android, están a traballar en numerosas aplicacións para que poidamos disfrutar nas nosas tablets ou smartphones. A última delas é un renovado Outlook, xestor de correo, contactos, calendario e arquivos.

outlook android 2

Entre os aspectos máis destacados da aplicación está o seu deseño, apostando por Material Design, mais tamén (e sobre todo), o soporte multiconta, que nos permite configurar o noso correo de Gmail, Yahoo ou iCloud, ademais de Hotmail / Outlook, por suposto.

Podedes descargar Outlook para Android de xeito totalmente gratuíto desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply