Honor Holly, o novo smartphone de Honor terá o prezo que marquen as consumidoras

Honor Holly frontal

Honor, a nova marca europea de Huawei segue a sorprendernos. Tras presentar diversos dispositivos como o Honor 6 ou Honor 3C, con boísimo rendemento e prezos moi axustados, veñen de dar a coñecer o novo Honor Holly, un dispositivo no que o prezo será o que fixen as propias usuarias.

Partindo dun prezo de 139,99 €, desde hoxe, durante 20 días, aquelas persoas que o desexen poden rexistrarse nesta páxina e indicar canto estarían dispostos a pagar polo novo Holly, sen compromiso de ter que mercar posteriormente o dispositivo, aínda que si contribuirá a que o prezo cotice á baixa. Tras este proceso, o prezo será, por tempo proporcional, o que teñan decidido as usuarias, pasado o cal volverá ser o de saída.

Das súas especificacións o fabricante destaca a inclusión dunha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución 1280 x 720 píxeles (294 ppp), procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM e cámaras de 8 e 2 megapíxeles, a principal con BSI e apertura de f2.0. Ademais conta con soporte dual SIM que permite empregarmos dúas liñas a un tempo.

Que vos parece esta estratexia? Funcionará a campaña de marketing?

Sobre o autor

Reply