As tarxetas SIM teñen os días contados e xa son varios os fabricantes que se manifestaron a favor da súa paulatina desaparición e sustitución por sistemaas software que nos permitan seleccionar o noso operador cun nome de usuario e contrasinal. Porén, até que iso ocorra aínda pasarán uns anos, pero Tuenti acaba de dar un primeiro paso nesa dirección co seu servizo de telefonía móbil, apostando polas solucións da nube.
Tuenti presentou hoxe novidades nos seus servizos cloudphone (telefonía na nube) e na conta móbil da súa web, ademais de adiantar melloras que chegarán coa nova versión (a 5.7) da súa aplicación Android de xestión da conta móbil.
As principais novidades son que desde agora as clientas terán un servizo cloudphone máis completo, podendo usar o servizo telefónico VozDigital desde a app ou a propia web de Tuenti cos navegadores Chrome, Opera e Firefox, de tal forma que o teléfono sempre estará dispoñíbel desde calquera plataforma, mesmo sen ter a tarxeta SIM de Tuenti instalada.
Ademais, todas as comunicacións cun mesmo contacto (aínda que este teña varios números de teléfono) gardaranse nunha mesma conversa do historial de chat das apps, facendo que sexa todo máis cómodo e esté nun mesmo lugar.
Será este o futuro da telefonía móbil?