Fíltrase o novo Moto E, o pequeno da familia Moto

Moto E 2015

Tras a renovación dos exitosos Moto G e Moto X faltaba o pequeno da familia, o Moto E. A cadea BestBuy vén de adiantarse á súa presentación colgando na rede a súa ficha técnica, xunto ás imaxes que o amosan en todo o seu esplendor.

O terminal máis básico desta nova era de Motorola incorpora unha pantalla de 4,5 polgadas con resolución 540 x 960 píxeles; no interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, que posen ser ampliados por microSD en 32 GB adicionais. É compatíbel coas redes 4G e as cámaras son de 5 megapíxeles e VGA, para principal e frontal respectivamente. Sairá á venda con Android 5.0 Lollipop.

Confírmase tamén o seu prezo nos Estados Unidos, 99,99 dólares, polo que é de prever que chegará ao noso país por 99 €, competindo cos novos trebellos chineses desta gama.

Sobre o autor

Reply