“Usuarios servizos R”, a app para configurar desde o móbil todos os servizos do operador galego

Desde hai uns días podemos atopar na Play Store unha aplicación moi demandada polas clientas do operador galego R; chámase Usuarios Servizos R e con ela podemos xestionar os servizos que temos contratados con este operador.

Até o de agora, tan só dispúñamos da web da empresa para facer as nosas xestións online, pero o manexo desta en pantallas pequenas non era nada bo. Aínda que se fixo esperar, por fin chegou a desexada aplicación, e desde xa mesmo podemos empregala. Amosámosvos como.

servizos r 02

Isto é o que primeiro podemos ver ao entrar na aplicación. Un menu de opcións co que xestionar diferentes servizos: configuración, tenda, móbilR,… entre outras. Por exemplo, podemos acceder á tenda e ver que terminais teñen dispoñíbeis no seu portfolio, atopando o seguinte:

app r mobil

 

Desde logo trátase dun deseño axeitado, con información xusta, sen extesos. Outro apartado que nos gustou foi elixido para represetnar o consumo de datos mensual nas diferentes liñas, amosado cunha gráfica de torta.

app mobil r consumo

Este gráfico tan visual permítenos ter toda a información dun xeito rápido e intuitivo polas cores elixidas; de precisarmos máis detalles só temos que premer nas opcións que hai debaixo.

En termos xerais, gustounos a aplicación, pero temos que sinalar que aínda quedan cousas por pulir. De feito, cando queremos ver os nosos datos persoais acabamos atopándonos coa web tradicional, sen axustarse ao tamaño da pantalla, como vemos na seguinte captura, que non é manexábel e debe mellorar.

servizos r 06

Logo duns días probando a app, atopamos que nalgúns momentos a aplicación non respodende axeitadamente pero non deixa de ser algo puntual, que imaxinamos irán corrixindo en próximas actualizacións co feedback que enviemos as propias clientas.

Resumindo, se sodes clientas de R e queredes ter a man a información sobre os vosos servizos é unha ferramenta que debedes ter instalada. Nesta ligazón á Play Store podedes descargala, de xeito totalmente gratuíto.

Sobre o autor

Reply