Continua a saga con Brothers in Arms 3: Sons of War

Tras o éxito que Gameloft obtido no seu día por BiA2 con ducias de millóns de descargas, a aclamada serie da Segunda Guerra Mundial volve á carga chea de acción, cámaras espectaculares e increíbles armas experimentais. Se aínda non o tiñades claro, estamos a falar Brothers in Arms 3: Sons of War.

Brothers in Arms 3: Sons of War trasládanos aos días posteriores ao desembarco de Normandía, falamos dun xogo bélico en terceira persoa, na que a dinámica pasou a esconderse en diferentes postos para atacar en canto cese o lume inimigo ata levar o noso equipo de élite ata a victoria.

BIA3_3_3

BiA3.2

BB3_1

brotherinarms1

Brothers In Arms 3: Sons of War ofrecenos varios tipos de misións a realizar dende asalto, francotirador, asedio ou sixilo cunha dificultade gradual, centos de armas, escenarios interiores e exteriores impresionantes, con variacións meteorolóxicas e horarias, e os que engadimos uns gráficos de alta calidade. Tamén teremos obxectivos extras como non perder máis porcentaxe de saúde ou destruír certo número de obxectivos.

BiA3.2.1

BB3_3

O xogo é de descarga gratuita con compras integradas.

Google PlayBrothers in Arms 3: Sons of War

Sobre o autor

Reply